(IN)VISUAL é un novo ciclo de música audiovisual e prácticas dixitais contemporáneas impulsado pola Deputación da Coruña, no marco do CEI Lab, que terá lugar esta primavera en Coruña Estudio Inmersivo, na Cidade das TIC, onde antes se atopaba a antiga Fábrica de Armas da Coruña.